Arquivo da categoría: Noticias

Concertos con entrada

Boas a tod@s, querémosvos facer partícipes de algo que xa sabedes, e que de seguro xa vivides dende tempo nas vosas casas, estamos nuns tempos difíciles económicamente. O mundo da educación, a cultura, e nós os músicos, notamos que xa non hai case espectáculos subvencionados, e temos que tomar outros camiños.
Vai a haber algúns concertos de Mamá Cabra nos que vai a haber que quitar entrada, pero entrada pagando. Na nosa páxina os anunciaremos . Sabemos que as entradas serán entre 3 e 5 euros, e intentaremos darvos cumprida información deles.
Nada máis que desexarvos boas festas e mellor ano.

NOVO TRABALLO DE PANXOLIÑAS!!!

Sae á venta: XA ME TARDAN ESTES MAGOS. Publicado pola editorial Galaxia. Nós musicamos poemas de: Gloria Sánchez, Antonio G. Teijeiro e Antón Cortizas. As ilustracións son de Kristina Sabaite… Un gustazo coma sempre ter a oportunidade de traballar con esta xente tan especial … esperamos que vos guste…

podedes escoitar unha das cancións na páxina web da editorial Galaxia.
http://www.editorialgalaxia.es

Novo traballo: OLA,OLA,LA!!!

Temos “novo traballo”. É un libro CD cun vídeo karaoke. Os temas son inéditos e para gravalos contamos cun coro dirixido por Ramón Bermejo e con colaboracións como a de Sèrgio Tannus (pandeiro brasileño e cavaquinho) e a de Gende Beat e as súas percusións vocais.

Está publicado na Editorial galaxia. Esperamos vervos nos espectáculos que xa temos contratados en diferentes lugares de Galicia. Bicos e música para todas e todos.