Arquivo da categoría: Mama Cabra

O blog de Mamá Cabra

07-08-30-192 Pensamos que é importante contar cun sitio onde ter un contacto con todas aquelas persoas, grandes ou pequenas, que seguides a nosa andaina, e un lugar para aumentar a nosa comunicación e estar ao día dos novos proxectos de Mamá Cabra. Por iso decidimos publicar este blog.

Na nosa páxina principal atoparedes contidos interesantes, e se queredes estar ao tanto do noso día a día: concertos, presentacións, novas gravacións, noticias, agasallos, etc. estaremos encantados de recibirvos neste blog .

Esperamos que vos guste e agardamos a vosa participación a través dos comentarios. Unha aperta moi grande de todo o grupo de Mamá Cabra!

Que facemos?

Somos un grupo de música infantil formado por sete músicos. Batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz.

Para facer o noso repertorio baseámonos en poemas de: Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro, etc., aínda que tamén temos cancións propias ou temas que adaptamos do noso folcrore.

En vivo, temos un espectáculo musical que dura sobre 45-60 minutos, dirixido sobre todo a nenos e nenas de 0 a 10 anos e no que facemos temas do noso repertorio.

Nas actuacións buscamos a participación dos nenos e nenas, propoñendo xogos como: imitar os xestos, facer acompañamentos rítmicos sinxelos, repetir un pequeno retrouso, e rematamos presentando os instrumentos que empregamos dunha maneira lúdica e divertida.

Hai cancións para escoitar, outras para saltar, bailar, remar, outras para animar a ler, para reflexionar sobre a necesidade de respectar o noso contorno medioambiental, outras para disfrutar da poesía de Antonio G. Teijeiro, Gloria Sánchez, Concha Blanco…

En suma, o que facemos é un CONCERTO DE MUSICA enfocado dende unha perspectiva escolar que propón distintas aprendizaxes, poñendo como escusa a música.