Concertos

01.- 30 de decembro. Corocorico . Edificio de usos múltiples. Coristanco  17:30 h

02.- 2 de xaneiro.18:30 h Forum da Coruña. Bicos de música

Advertisements

70 thoughts on “Concertos

  1. cristina

    Acabo de chegar de ver a vosa actuación no colexio Campoamaior de Ordes, e quérovos deixar o meu parecer. Veño moi contenta primeiro por ver o ben que o pasou o meu neno pero tamén polo ameno e divertido da voso traballo. Sabía dalgunha das vosas cancións pero nunca estivera nun directo e pareceume moi divertido, pasámolo todos moi ben con vos, seguide así. Non é doado que un grupo numeroso de nenos e nenas estén atentos e atentas, e seguindo os vosos “xogos”. Grazas por ese ratiño.

    Resposta
  2. beatriz gomez

    A miña filla Paula estivo na Laracha vendo o voso concerto e está encantadísima, xa que despois de disfrutar da vosa actuación saludou a Gloria a que coñece desde pequena. É unha gran admiradora xa que ten todos os discos e coñece moitas cancións. Gracias por todo. Un bico.

    Resposta
  3. carme otero

    Querovos felicitar polo voso traballo. Teño duas nenas de 5 anos que coñecen e cantan moitas das vosas cancions dende os 2 anos. Ata me gustan a min! Non puidemos ir ver a vosa actuacion no San Froilan porque non tiñamos festa, a ver se temos algunha outra oportunidade. Temos moitas ganas de escoitarvos e vervos en directo. UN SAUDO DENDE A PONTENOVA

    Resposta
      1. mamacabra Autor/a do artigo

        Perdón, non é ás 17:00, é ás 19:00 h, acabo de corrixilo na páxina. Un saúdo

  4. ramón

    Ola! vexo na vosa programación de concertos que actuades o 17 de maio en Abegondo, e nós temos un tríptico do concello de Bergondo
    no que indica que actuades ese día alí. Onde está o erro? Podemos achegarnos a calquera dos dous sitios. Grazas por anticipado.

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      Tes razón, é en Bergondo. Moitas grazas por avisarnos, así podemos correxir o erro na páxina. Unha aperta.

      Resposta
  5. Mª Jesús Martíez

    Hola,
    somos de Pontevedra y nos encantaría ver un directo! Tenéis previsto algo por aquí cerca? Vi el 4 de dic en Redondela, pero, dónde? en algún cole o abierto a todos?
    Gracias por hacer una música infantil con la que tb disfrutamos los mayores!

    Resposta
  6. um qualquer

    Olá! gostamos muito da vossa música, e aguardo com impaciência poder ver-vos em directo.
    Olha, quanto tempo dura o espectáculo?
    obrigado!

    Resposta
  7. Luís, Irene & Helena

    O voso novo traballo, está xenial…seguídes a superarvos.
    Na nosa casa Ola, ola,lá foi un dos regalos dos Reises …e tanto o CD como o DVD están que afumean. Eu penso que xa os veciños saben as cancións (cousa que lles ven moi ben..)
    Se podemos desprazarémonos a Vilagarcía para bailar con vós (mira que somos moi bailaríns). E non vos esquezades de que no Barbanza tamén nos gustaría vervos, pero non nos costa nada desprazarnos..Ata o día 22 de xaneiro.
    BICOS100000000000000000000000000000

    Resposta
  8. Lorena

    Nosotros quisimos ver la actuación en Meaño en diciembre, pero el día del concierto cuando llegamos nos dijeron que se había suspendido, y de momento no había nueva fecha. ¿Llegasteis a hacerlo después o lo hareis? Muchas gracias por la información

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      Boas, sinto que foras ao Auditorio e non houbera actuación, a nós avisáronnos pero a finais da semana, dixéronnos que o Auditorio non estaba rematado e que non se podía tocar e que nos avisarían para facelo… así que intentaremos avisarte. Moitas grazas.

      Resposta
  9. NOE

    hola amigos ante de todo os felicito por esa iniciativa que tuviste facendo o libro de mama cabra e despois queria saber para cando faceis un concerto na provincia de pontevedra

    Resposta
  10. Luís, Irene & Helena

    Pois sí que bailamos hoxe en ´Vilagarcía, e tamén cantamos moito.
    Coma sempre , estivéchedes xeniais.
    MOITO REMEXEMOS NO BOLSO A BUSCAR ALGO AMARELO PERO…NÁ DE NÁ.
    Agora esperamos que non tardedes moito en visitarnos polo Barbanza.

    bicos 10000000000000000000000000000000000000000000000000000000

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      Moitísimas grazas Elena, onte foi xenial tamén para nós. Para outra vez atoparedes algo amarelo seguro,…,
      moitas veces falamos no grupo que qué traerán amarelo na canción de “BUSCAR” ,e claro pensabamos en Bob Esponxa, e vai e sae onte … a ver se algunha vez nos sacan uns calzoncillos amarelos … ahí escacharémonos nós ca risa.
      BICOS DE MÚSICA.

      Resposta
  11. Monica Santos

    Ola, vexo que vades estar na Coruña o 2 de Abril, pero nunha paxina de ocio infantil di que estaredes no Forum o sabado 26 de Febreiro, cal e a data correcta?? nesta paxina tamen se indica que e de balde. Grazas.

    Resposta
  12. ana

    Noraboa pola actuación en Ferrol, maravilloso, acabamos de chegas do obradoiro que tamén foi abraiante, facedes unha música estupenda, debecemos por volver ateros na cidade, bicos

    Resposta
  13. Carmen

    Bos días.

    Son mestra de música nun centro de Educación Infantil e quería preguntar cómo podo acudir o concerto que se celebrará no Forum Metropolitano da Coruña.

    Moitas Grazas!!

    Resposta
  14. Fátima

    Ola,

    estiven a semana pasada nun dos vosos concertos en Ourense e a verdade é que se o disco está moi ben, o directo foi xenial.
    Hoxe estiven no obradoiro e tamén veño encantada

    Paréceme fantástico o traballo do voso grupo. A seguir así.

    Un saúdo.

    Resposta
  15. berta

    gustariame que viñesedes a Viveiro, porque nas cidades é todo máis fácil e a min foime imposible ir a Ourense e tamén me é imposible mañá. Amigos que vos viron dixeronme que o facedes moi ben. Desexovos moita sorte

    Resposta
  16. Luís, Irene & Helena

    Nos seguimos a reivindicar unha actuación no Barbanza (non no hospital, claro)… Non hai ningunha posibilidade?
    Mirade que xa teño algo amarelo no bolso ….jajajaja

    Resposta
  17. Lucia, Xiana e Alfredo

    Hola:
    O concerto do 10 de abril. Meaño.Centro Social de Dena. 18:30 h., para sacar entradas como se fai? Nos temos unha nena de 19 meses, coa que fomos o concerto de vigo fai uns meses e gustalle moito as vosas cancións, incluso sabe partes das letras da maioria. Se podedes dicirme algo xa que se nos ocurríu volver con ela a outro concerto vosa. Moitas gracias. Un saúdo.

    Resposta
  18. Marga

    Ola !
    teño un fillo de 5 anos que é fan voso, queremos ir a un concerto pero non temos moita información dos concertos do 17 e 22 de maio.

    Resposta
  19. Luís, Irene & Helena

    Pois síiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii…
    13 de maio Ribeira..ahí estivemos e en primeira fila.
    Gracias polo pedazo concierto… desfrutamos coma ananos.
    Por pouco non saímos na canción de Buscar e eso que o meu fillo puxo con toda ilusión a súa camisola amarela do Barsa para bailar convosco no escenario (desfrutou un montón).
    Ata outra …e gracias de novo por facernos pasar unha estupenda tarde en familia.
    Esperámosvos en Boiro o 23 de setembro (coa camisola amarela por suposto).
    BICOS-100000000000000000000000000000000000000000000000000

    Resposta
  20. AlfonsoS

    Hoxe quixen aisistir co meu neno á actuación en Santiago pero as entradas estaban esgotadas. O aforo do Museo do Pobo Galego quedou pequeno !!
    Tentarei ir no verán a A Pobra ou a Salvaterra.

    Resposta
  21. MADRID

    Hoy estube en Santiago biendo buestro concierto fue estupendo como siempre,me diverti mucho ,espero ver otro concierto cuando venga de Madrid y pasar otra tarde divertida .con Mama cabra.
    Me llevo buestra musica y asi mi hija os puede seguir escuchando.un abrazo y un buen verano para todos.Gracias

    Resposta
  22. María

    Acabamos de ver o voso concerto na Pobra e gustaríame saber se ides volver tocar por aquí cerca para poder volver vervos.Grazas.

    Resposta
  23. MARIA

    HOLA, estiven onte no voso concerto na Coruña co meu neno de 2,5 anos e encantounos. Estivemos en primeira fila e Lucas estaba anonadado mirándovos, era a primeira vez que vos víamos, nin nunca vos escoitara, pero viñen alucinada do concerto. Quíxenvos felicitarvos en persoa pero estabades moi liados e o final pasei, os meu máis sinceros parabens polo voso traballo.
    Por certo, encantaríame ter algun CD voso ¿onde podería conseguilo?

    UN SAUDO A TODOS.

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      moitas Grazas María. Os nosos discos os teñen na Librería Nós (Coruña) ou nós podemoschos enviar por contrareemboslo. Unha aperta.

      Resposta
  24. RAQUEL

    Hola. He oído hablar mucho y muy bien de vuestro trabajo. Veo en la página que actuáis el 16 de octubre en Arteixo así que no faltaré. Saludos.

    Resposta
  25. Avelino Fernández Loureiro

    Boas.En realidade chámome Leo, un canciño de catro anos que medrou cunha moza de vinte á que lle gusta moito a música. Os meus gustos foron cambiando con ela. Pasei de Extremoduro á música popular galega. Faláronme de vós e estiven vendo e escoitando o voso traballo. Noraboa e a seguir enriquecendo a nosa cultura. Case se me esquece dicirvos que eu tamén teño un blog. Cousa de non crer.
    http://ollosdeleo.blogspot.com/

    Resposta
  26. Ana Valcárcel

    Ola, estamos desexando ver o voso concierto en Arteixo e preciso comprar entrada, ou ter invitación ?¿?¿ Si e así por favor podedes informar ou simplemente chegando a Praza do Balneario ??¿?¿ Moitas grazas.

    Resposta
  27. maria

    Hola!. ´Quixera saber onde podo conseguir as entradas para o concerto de decembro en Santiago de Compostela e onde terá lugar. Estiven buscando pero non atopei nada. Se me podedes decir o prezo, tamén o agradezo.

    Moitas grazas e unha forte aperta.

    María V.

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      O sentimos. Polo de agora non sabemos máis do concerto de Santiago. Cando o saibamos o poñeremos na páxina. Unha aperta

      Resposta
  28. maria

    Boas tardes!. Vexo que vades esta en Santiago o día 2 de xaneiro no Colexio La Salle. Ond ese poden mercar as entradas???. Canto custan???

    Moitas grazas

    María Vilela

    Resposta
  29. silvia

    bos dias !.gustaríame saber se entre o voso percorrido tedes pensado vir a naron ou ferrol , xa que no colexio da miña filla en todo-los festivais cantan as vosas cancions e quixera que os puidera ver nun directo.

    moitas grazas.

    sikvia pena

    Resposta
  30. concertos

    Ola, gustaríame saber cando se van poñer a venta as entradas para o concerto da Coruña do día 22 de decembro.

    Graciñas.

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      Ola, polo que sabemos as entradas dependen do Forum, e véndense coma nos outros espectáculos que fan. É mellor que os chames, pois polo de agor anon temos máis información. Grazas… Gloria

      Resposta
  31. Alejandra

    Ola!!!
    Teño unha nena de case dous anos que leva semanas fascinada co voso ola, ola la así que nos encantaría levala a que vos coñecera.
    Vemos que estades n Vigo o 23 de decembro e o 27 en Cangas, que son os lugares onde nos poderiamos achegar, pero non sabemos si Cantos pequenos e bicos de música son apropiados para a idade da nosa nena. é así u son para maiores?Moitas grazas polo voso tempo e pola vosa música.
    Alejandra

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      Boas Alejandra, os dous espectáculos son do estilo do Ola, ola e para nenos ata 10 anos. En Cantos pequenos facemos un mix das cancións que máis gustan,e imos 5 músicos, así que escoitarás algunha do Ola, ola. Bicos de música é o novo espectáculo e o novo traballo. Imos os músicos e coro, e cantaremos todas as cancións do libro-disco. Despois deste Nadal o espectáculo que tocaremos será Bicos… así que terás máis oportunidades de velo… Grazas por todos e que vos den moitos bicos que fan moita falta. Gloria

      Resposta
  32. ramon lamelo

    Para cando, unha actuación en Santiago para presentar bicos de musica. O da bibilioteca Anxo casal soubo a pouco. Un saudo

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      Boas Ramón, aínda non temos data nin nada, pero sí temos a idea de ir ao Principal. Agora imos facer varios concertos, pero o do novo traballo vai ser en Cangas o 27. bicos de música

      Resposta
  33. Susana

    Bos días!!!! na librería na que merquei o voso último traballo comentaronme que habería próxima presentación en Santiago, así que ¡eu tamén a espero! Pero ¡que non falten os clásicos! Claudia (18 meses) canta todo o día glu glu glu, plas plas plas naaaaaaaa. Grazas polo voso traballo!

    Resposta
  34. rosa

    somos catro fans entre 43 anos e dez meses que aínda non vos poidemos ver en directo. Vexo que os próximo concerto vai ser o 9 de febreiro no Edificio de Usos Múltiples de ONDE? A ver si esta vai ser a nosa.

    Resposta
  35. Hadrian

    Gracias polo concerto de hoxe na Coruña…
    Inda non sei falar e menos escribir (fixenlle o encargo a miña nai que sempre me fai caso inda que as veces sexa un pouco pillaban 😉 pero si sei desfrutar moito da boa musica e millor xente….Disfrutei moito dos bolos de hoxe!! Non vos cansedes de tocar ¿ eh? Os nenos de Galicia precisamos de xente coma vos para crecer nun mundo mellor!!
    ¿ Volvedes en Agosto non si? ….Da actuación de hoxe entereime por casualidade.. case se me pasa!!
    Moitos Bicos de Musica de parte de Hadrian!!!!

    Resposta
  36. Yolanda

    Amigos, para cando un concerto polas Rías Baixas? En Vigo tendes un fan de dous anos que canta todas as vosas cancións dende que vos vimos en maio nun concerto no Corte Inglés. As súas preferidas “Eu teño una tía” e “Eu o que quero é verbos bailar”.
    Grazas por contribuir a espallar a nosa lingua entre os máis cativos.

    Resposta
    1. mamacabra Autor/a do artigo

      Boas David, sí, imos intentar ter unha actuación no Auditorio Municipal. Vai sair de novo “Cartas que veñen e van” e daremos algún concertó polo Nadal. Unha aperta. Gloria

      Resposta
      1. Yolanda

        Estes días saiu a programación de Nadal do Auditorio Municipal de Vigo e non inclúe ningunha actuación vosa, significa que xa non virides ou índa estades en negociacións? Esta tarde ao mellor volo podemos preguntar personalmente porque iremos a presentación de Susa Herrera de “Cartas que veñen e van” e anunciaron a vosa presenza. Saúdos e grazas

      2. mamacabra Autor/a do artigo

        Boas Yolanda, penso que xa falei contigo na presentación de Cartas, pero dicirche que non, que este ano non remos datas en Vigo, a ver se conseguimos algunha máis adiaste. Bc

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s