No Campo da Leña. A Coruña.

A Coruña. 2 de maio de 2009

Este sábado estivemos na Coruña e sentímonos como na casa. Ao principio pensábamos que có sol a xente ía estar nas praias, pero houbo algúns que se animaron a achegarse pola carpa e o pasamos estupendo. Tivemos a magnífica sorpresa de atoparnos con nenas e nenos que sabían as cancións e dende logo é unha sensación bonitísima, escoitar as voces da xente cantado . O próximo día 30 voltamos aló. Estaremos na Praza das Conchiñas, a praza onde durante vinte anos eu merquei nela peixe, queixo e verduras… para min e espero que para os que vaian, resulte unha tarde de “música e bicos”.
Por certo, unha petición para todas e todos aqueles que leades isto: ¿poderíades darnos propostas de animais para a canción de “unha vella tiña un can”…? así resultaría moito máis divertida… grazas mil.

Advertisements

One thought on “No Campo da Leña. A Coruña.

  1. Mar

    Ola!
    Alí estiven cos meus nenos, Simón e Xoel, que saben un montón de cancións vosas. Foi un auténtico pracer cantar con vós e supoño que o día 30 repetiremos. Grazas polo voso labor, seguiremos lendo e cantando con Mamacabra. Mil bicos.

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s