Que facemos?

Somos un grupo de música infantil formado por sete músicos. Batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz.

Para facer o noso repertorio baseámonos en poemas de: Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro, etc., aínda que tamén temos cancións propias ou temas que adaptamos do noso folcrore.

En vivo, temos un espectáculo musical que dura sobre 45-60 minutos, dirixido sobre todo a nenos e nenas de 0 a 10 anos e no que facemos temas do noso repertorio.

Nas actuacións buscamos a participación dos nenos e nenas, propoñendo xogos como: imitar os xestos, facer acompañamentos rítmicos sinxelos, repetir un pequeno retrouso, e rematamos presentando os instrumentos que empregamos dunha maneira lúdica e divertida.

Hai cancións para escoitar, outras para saltar, bailar, remar, outras para animar a ler, para reflexionar sobre a necesidade de respectar o noso contorno medioambiental, outras para disfrutar da poesía de Antonio G. Teijeiro, Gloria Sánchez, Concha Blanco…

En suma, o que facemos é un CONCERTO DE MUSICA enfocado dende unha perspectiva escolar que propón distintas aprendizaxes, poñendo como escusa a música.

Advertisements

2 thoughts on “Que facemos?

  1. INES

    Moi boas!
    estamos pendientes de enterarnos de cando facedes concertos na coruña (ou arredores claro!) xa que ultimamente non nos coincidiron ben as datas para ver as vosas actuacións ¡¡e temos moitas ganas!!.Estamos consultando as datas que publicades na web, pero fómonos enterando de concertos que non aparecían aqui (¡¡sempre demamsiado tarde!! :-D).Por iso queríavos consultar con este comentario se quizais tedes algunha data que non apareza por aqui para próximos concertos.
    Envíovos de paso unha aperta e bicos para todos da nosa pequerrecha Noa.

    Resposta
  2. Hadrian

    A miña nai mercoume esta fin de seman un dos vosos lraballos ola, ola. la…non vos coñeciamos pero o pasamos tan ben escoitandovos e bailando.a ver se tedes un concerto pronto preto da coruña..
    Hadrian, case 18 meses

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s