Xa vistes que estamos remozando o noso sitio en internet, no que esperamos poder ofrecervos cada vez máis sorpresas. Pero críamos que era importante tamén contar cun sitio onde ter un contacto con todas aquelas persoas, grandes ou pequenas, que seguides a nosa andaina, e un lugar para aumentar a nosa comunicación e estar ao día dos novos proxectos de Mamá Cabra. Por iso decidimos publicar este blog.
Non perdades de vista a nosa páxina principal, porque temos a intención de enchela de moitos máis contidos interesantes, pero se queredes estar ao tanto do noso día a día: concertos, presentacións, novas gravacións, noticias, agasallos, etc. estaremos encantados de recibirvos neste blog noviño do trinque. Que mellor maneira de empezar este 2009?
Esperamos que vos guste e agardamos a vosa participación a través dos comentarios. Unha aperta moi grande de todo o grupo de Mamá Cabra!