Novo traballo: OLA,OLA,LA!!!
Temos “novo traballo”. É un libro CD cun vídeo karaoke. Os temas son inéditos e para gravalos contamos cun coro dirixido por Ramón Bermejo e con colaboracións como a de Sèrgio Tannus (pandeiro brasileño e cavaquinho) e a de Gende Beat e as súas percusións vocais.
Está publicado na Editorial galaxia. Esperamos vervos nos espectáculos que xa temos contratados en diferentes lugares de Galicia. Bicos e música para todas e todos.

Kristina Sabaite replied:
Foi un verdadeiro pracer ilustrar este libro, é un traballo de tanta xente creativa conxunto, que motivaba muchisimo. E tamén xa teño a miña canción favorita “Amolado” – perfecta para empezar o día co optimsimo
Novembro 3, 2010 at 12:05. Ligazón permanente.
mamacabra replied:
Moitas gracias Kristina, a xente que ve as túas ilustracións din que son moi bonitas, e a todos nós tamén nolo pareceron. Unha aperta.
Novembro 3, 2010 at 17:50. Ligazón permanente.
Hilario replied:
Noraboa rapazas/ces!
Alégrome de a cabra siga subindo pasos pola escaleira, e sobre todo que sigades con tanta forza facendo cousas coma esta.
Avisareivos se me achego a Galicia con tempo. Bicos a todos e a todas!
Novembro 4, 2010 at 09:23. Ligazón permanente.
mamacabra replied:
Hilario … hoxe tocamos na discoteca LP45 e acordámonos de ti … moitos bicos das cabras esperamos verte pronto …
Decembro 19, 2010 at 20:53. Ligazón permanente.
Xosé Antón replied:
Eu estiven na presentación do novo traballo no Coliseo Noela de Noia, e a miña filla de 8 anos quedou encantada co espectáculo.
Sei que o día 3 de decembro estades en Boiro, gustaríame asistir e esta vez levar tamén a miña outra filla de 6 anos, que non foi por estar enferma, e a súa irmá maior xa lle meteu as ganas no corpo. ¿dónde vai a ser o concerto e a que hora?
Novembro 21, 2010 at 20:00. Ligazón permanente.
Luís, Irene & Helena replied:
Con este traballo logrades que ata baile a avoa Loli… a súa neta dille : “Abuela nesta canción hai que saltar…” e claro … salta (con artrose e todo).
Noraboa
Xaneiro 8, 2011 at 22:54. Ligazón permanente.
Paloma replied:
Estubimos en el concierto de mama cabra en Vilagarcia de Aurosa y tanto las niñas como las mayores nos lo pasamos muy bien,merecio la pena casi la hora de viaje,esperamos ir al de Santiago y poder seguir
disfrutando de vuestra musica y espectaculo hasta pronto
Xaneiro 23, 2011 at 21:42. Ligazón permanente.
Madrid replied:
El primer concierto lo vi en el coliseo en Corruña con mi hijo,el ultimo en Vilagarcia de Aurosa, con mi hija ,llevo unos cuantos conciertos ,quiero decir que con los años vais mejorando mucho y espero seguir viendos.el prosimo en Santiago .En Galicia no esta piter pan,pero esta mama cabra que os alegra igual.Bcs
Xaneiro 24, 2011 at 22:51. Ligazón permanente.