Arquivo para Febreiro, 2009

O Pirata Metepata

No 2004 no CEIP de Lanzá, onde eu era profe de música, queríamonos presentar ao concurso “Entre Nós en galego” e fixemos esta canción. Non gañamos nada. Bueno, a verdade , é que sí que gañamos, gañamos a vivencia e o recordo de todo un colexio disfrutando do entroido pirata que montamos.
Este vídeo vai adicado aos profes que fan “milagros” cada día. A algúns os atopei neste cole, pero sigo atopando profes así noutros coles aos que vou cantar ou nos que teño a sorte de traballar.

Deixa un comentario

O 14 de febreiro presentamos o libro-CD “Todos os animais ao caixón”. Son cancións de Susa Herrera que nós arranxamos, e tivemos a sorte de contar con ela e cun coro de alumnos e alumnas seus de facultade de educación e do seminario de música “Soutullo” formado por profesores/as.

Para nós foi toda unha experiencia compartir escenario con toda esta xente e un pracer. Da actuación pasáronnos esta gravación que unha amiga fixo coa súa cámara de fotos. O son non é ningunha maravilla pero ao mellor atopamos mellores gravacións. A todos e todas GRACIAS.

Deixa un comentario

Fotos


Ourense 2009
Ourense
Aishuntamentu das Ellas
lugonadal2004

Deixa un comentario