Esta danza que vedes aquí é a outra que está no cd Patatín patatán e estas bailarinas o fan tan ben que tamén viñeron con nós á presentación do disco no Auditorio. ¡Unhas artistas!
Esta danza que vedes aquí é a outra que está no cd Patatín patatán e estas bailarinas o fan tan ben que tamén viñeron con nós á presentación do disco no Auditorio. ¡Unhas artistas!
Esta danza a gravamos no colexio de Sigüeiro no curso 2007/08 na aula de música.
Cando sacamos o disco de “Patatín Patatán” que é onde atoparedes a música, nenos e nenas do Centro viñeron a bailar con nós ao Auditorio de Galicia,( sala Mozart a grande a tiñan e obras), e a verdade: o fixeron bárbaro.
Tan só queríamos manifestar neste blog que ese día faltounos espazo para facer o concerto, pois as nais e pais dos que bailaban viñeron-como non- a velos, e pasou que o concello puxo como condición para entrar ao espectáculo unhas entradas das que non nos informou e que polo tanto os pais e nais non tiñan, así que se creou moita tensión na entrada, tensión que con boa vontade puidose arranxar. Nós acabamos facendo dous pases e toda a xente que entrou sentou aos seus nenos no colo para que houbera o maior número de butacas libre… todo un exemplo sí señor.
O mellor, como sempre, OS NENOS E NENAS que temos, que aguantaron os dous pases e o fixeron como verdadeiros profesionais… un orgullo ser a súa profe de música.